Casado e pai de dous fillos, Gorô preside a empresa que fundou o seu avó e que conta con herdar. Compaxina o traballo e a familia cunha axitada vida social, e mesmo mantén dúas amantes. E, aínda que se considera un home de éxito, sempre cre merecer máis.Porén, algo se torce de repente nos seus plans
Aki Shimazaki, nada en 1954 en Gifu, no Xapón, é unha novelista e tradutora canadense. Mudouse ó Canadá no ano 1981, vivindo en Vancouver e Toronto. Vive en Montreal, onde ensina xaponés e dende 1991 publica as súas novelas en francés.
A súa segunda novela, Hamaguri, gañou o Premio Ringuet en 2000. A súa cuarta obra, Wasurenagusa, gañou o premio de literatura canadense xaponesa en 2002. A súa quinta obra, Hotaru, gañou o Premio do Gobernador Xeral de 2005 á mellor ficción en francés. Os seus libros foron traducidos ó inglés, ó xaponés, ó alemán, ó húngaro, ó italiano, ó ruso e ó galego.
e descubre todas as novidades do libro en galego