A repentina morte de Mitsuko colle a todo o mundo por sorpresa, incluídos os clientes da súa libraría. A xente que vén darlle o pésame ao seu fillo Tarô esperta nel un novo interese polos detalles da súa historia familiar e os segredos que a súa nai levou á tumba. Ao mesmo tempo, reencóntrase cun
Aki Shimazaki, nada en 1954 en Gifu, no Xapón, é unha novelista e tradutora canadense. Mudouse ó Canadá no ano 1981, vivindo en Vancouver e Toronto. Vive en Montreal, onde ensina xaponés e dende 1991 publica as súas novelas en francés.
A súa segunda novela, Hamaguri, gañou o Premio Ringuet en 2000. A súa cuarta obra, Wasurenagusa, gañou o premio de literatura canadense xaponesa en 2002. A súa quinta obra, Hotaru, gañou o Premio do Gobernador Xeral de 2005 á mellor ficción en francés. Os seus libros foron traducidos ó inglés, ó xaponés, ó alemán, ó húngaro, ó italiano, ó ruso e ó galego.
e descubre todas as novidades do libro en galego