Atsuko marchou da cidade coa súa familia para dedicarse á agricultura biolóxica. O negocio prospera, e o seu marido Mitsuo anímaa a contratar unha axudante. Entre as candidatas ao posto preséntase Fukiko, unha antiga amiga do instituto que esperta en Atsuko sensacións do pasado que cría esquecidas.
Aki Shimazaki, nada en 1954 en Gifu, no Xapón, é unha novelista e tradutora canadense. Mudouse ó Canadá no ano 1981, vivindo en Vancouver e Toronto. Vive en Montreal, onde ensina xaponés e dende 1991 publica as súas novelas en francés.
A súa segunda novela, Hamaguri, gañou o Premio Ringuet en 2000. A súa cuarta obra, Wasurenagusa, gañou o premio de literatura canadense xaponesa en 2002. A súa quinta obra, Hotaru, gañou o Premio do Gobernador Xeral de 2005 á mellor ficción en francés. Os seus libros foron traducidos ó inglés, ó xaponés, ó alemán, ó húngaro, ó italiano, ó ruso e ó galego.
e descubre todas as novidades do libro en galego