Mo é una vaca reflexiva e divertida que decide escribir as súas memorias para non caer no esquecemento. Mo retrocede até os anos corenta, despois da guerra civil española e dá unha visión do mundo rural vasco naqueles anos. Fala, demais, da súa relación coas vacas parvas, que se conforman con levar
Joseba Irazu Garmendia, coñecido co pseudónimo de Bernardo Atxaga, nado en Asteasu (Guipúscoa) o 27 de xullo de 1951, é un escritor vasco en lingua éuscara. É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Bilbao e en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona. Dende o ano 2010 vive na localidade arabesa de Zalduendo.
Parte da súa obra foi traducida a numerosas outras linguas, sendo o escritor en éuscaro máis lido e traducido. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega concedeulle o galardón de Escritor Galego Universal para o 2014. En 1996 o Centro PEN Galicia concedeulle o Premio Rosalía de Castro.
e descubre todas as novidades do libro en galego