Algunhas persoas da aldea levan pucha para cubrir a cabeza. Pola contra, Pedro, un home xa entrado en anos, leva un turbante indio. E iso é un misterio que todos os rapaces están desexando resolver.
Joseba Irazu Garmendia, coñecido co pseudónimo de Bernardo Atxaga, nado en Asteasu (Guipúscoa) o 27 de xullo de 1951, é un escritor vasco en lingua éuscara. É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Bilbao e en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona. Dende o ano 2010 vive na localidade arabesa de Zalduendo.
Parte da súa obra foi traducida a numerosas outras linguas, sendo o escritor en éuscaro máis lido e traducido. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega concedeulle o galardón de Escritor Galego Universal para o 2014. En 1996 o Centro PEN Galicia concedeulle o Premio Rosalía de Castro.
e descubre todas as novidades do libro en galego