Un libro que fala do recordo, das lembranzas do país perdido no que naceu un pastor vasco que pasou toda a súa vida nos Estados Unidos, tentando adaptarse a unha nova cultura que nunca será a súa, teimando coa súa nora irlandesa e decatándose de que ata o seu neto máis novo fala o inglés mellor ca
Joseba Irazu Garmendia, coñecido co pseudónimo de Bernardo Atxaga, nado en Asteasu (Guipúscoa) o 27 de xullo de 1951, é un escritor vasco en lingua éuscara. É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Bilbao e en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona. Dende o ano 2010 vive na localidade arabesa de Zalduendo.
Parte da súa obra foi traducida a numerosas outras linguas, sendo o escritor en éuscaro máis lido e traducido. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega concedeulle o galardón de Escritor Galego Universal para o 2014. En 1996 o Centro PEN Galicia concedeulle o Premio Rosalía de Castro.
e descubre todas as novidades do libro en galego