A Adela xa non lle serven os zapatos de charón, que guardaba nunha caixa de cartón como un tesouro. Os zapatoz herdaríaos a súa curmá pequeña, pero... ¿que podía facer coa caixa de cartón? Para non deixar baleira, transformouna nunha fermosa cas, que decidiron alugar, tras moito matinar, un grillo
María Concepción Blanco Blanco, nada en Lires (Cee) o 19 de xuño de 1950, é unha pedagoga, mestra e escritora en lingua galega, xa xubilada. Dende o comezo da súa actividade editou libros de materia pedagóxica. Foi unha das primeiras autoras de materiais didácticos para o ensino do galego.
Con 6 anos comezou os estudos na escola local e aos 10 anos trasladouse a Ferrol para cursar Bacharelato no Instituto Concepción Arenal. Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. O seu labor docente empezou na Escola de Nemiña (Muxía). Logo pasou ás localidades do Ézaro (Dumbría), Brens (Cee), Dumbría (Dumbría) e Cee, onde impartiu clases no CPI Eugenio López coma mestra de lingua e literatura galega e no IES Agra de Raíces como profesora de lingua galega e literatura.
É coordinadora e coautora de varios libros de texto de Primaria e Secundaria ademais das correspondentes guías didácticas. Foi correspondente de prensa durante varios anos e colaborou cos seus alumnos en programas de radio. Impartiu e coordinou cursos de Lingua Galega, proxectos de formación do profesorado e Xornadas da Nosa Lingua.
e descubre todas as novidades do libro en galego