Legua a legua a selva íase abrindo e a canseira abatíase sobre as bestas e os homes. Na distancia levantábase un vapor que facía tremer as imaxes. Baldeira xa a cantimplora, a camisa pegada coa suor, a lingua pegada ao padal, as mazás das pernas e os pés cocidos dentro das botas, véndome entregado a
Francisco Xavier Alcalá Navarro, máis coñecido como Xavier Alcalá, nado en Miguelturra (Cidade Real) o 19 de agosto de 1947, é un escritor galego.
Viviu en Ferrol dende a infancia, e estudou no Instituto Concepción Arenal desa cidade. Estudou Enxeñaría de Telecomunicación na Escola Técnica Superior de Enxeñaría e Sistemas de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid. Doutorouse en Informática no Departamento de Electrónica e Sistemas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Foi profesor asociado de dita facultade, e impartiu docencia tamén na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade Católica Arxentina e a Escola de Organización Industrial de Madrid.
e descubre todas as novidades do libro en galego