Este volume, prologado por Manuel Fraga, recolle materiais diversos sobre a figura de Risco: unha biografía escrita por Carlos Casares, unha entrevista de Arturo Lezcano a Antón Risco, fillo do escritor, e un exhaustivo compendio da súa bibliografía.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.
Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Procedente dunha familia acomodada e de alto nivel cultural, asentou as bases do nacionalismo galego e renovou a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.
e descubre todas as novidades do libro en galego