Baseadas en lendas e crenzas populares, como a do lobishome e a dos mouros gardadores de tesouros fabulosos, moitas destas narracións vencéllanse coa nosa imaxinación colectiva como pobo. Noutras o autor adiántase ao seu tempo para facer unha parodia crítica e mordaz, maxistral e divertida, dos
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.
Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Procedente dunha familia acomodada e de alto nivel cultural, asentou as bases do nacionalismo galego e renovou a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.
e descubre todas as novidades do libro en galego