¿Queres saber o que hai que facer para lle arrincar tres pelos ao demo? Velaquí un libro que che fala disto e doutras moitas cousas que aconteceron no tempo no que os reis saían dacabalo polos seus dominios, as princesas casaban con labregos bos e intelixentes, e as pedras gardaban portas máxicas
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.
Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Procedente dunha familia acomodada e de alto nivel cultural, asentou as bases do nacionalismo galego e renovou a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.
e descubre todas as novidades do libro en galego