E esta unha novela coa que Xosé Miranda afonda na temática marabillosa que define boa parte da súa obra. O lector habitará neste relato un universo aínda non desencantado nin sometido ás leis da razón, poboado por seres míticos procedentes do folclore tradicional galego. Unha novela complexa e…
Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955, é un escritor galego.
Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela en 1978, traballou como profesor de Bioloxía e Xeoloxía en Chantada e despois no Instituto Xoán Montes de Lugo ata o ano 2020.
Gañador do premio Modesto R. Figueiredo de 1988 con Na terra sombría, conta cunha depurada técnica narrativa e cun discurso propio. Investigador da literatura galega de tradición oral publicou numerosas recolleitas de contos e con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba.
e descubre todas as novidades do libro en galego