O coello Federico saíu da súa toqueira para facer unha excursión. Cando chegou ao fondo do bosque atopou un coello negro e tras un carballo viu ao compadre Raposo. Federico, o coello que nacera na silveira, quixo escapar a correr, mais decatouse que non podía, xa caera na trampa do temible Raposo.
Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955, é un escritor galego.
Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela en 1978, traballou como profesor de Bioloxía e Xeoloxía en Chantada e despois no Instituto Xoán Montes de Lugo ata o ano 2020.
Gañador do premio Modesto R. Figueiredo de 1988 con Na terra sombría, conta cunha depurada técnica narrativa e cun discurso propio. Investigador da literatura galega de tradición oral publicou numerosas recolleitas de contos e con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba.
e descubre todas as novidades do libro en galego