A doutora Eva García, destinada no remoto lugar de Viana das Veigas, atópase cun cadáver sen rostro e coas mans esmagadas. Xunto ao cadáver aparecen unha carta e un diario. Lendo o diario a doutora vai descubrir as claves de estraños comportamentos e estraños acontecementos que non só se refiren
Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955, é un escritor galego.
Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela en 1978, traballou como profesor de Bioloxía e Xeoloxía en Chantada e despois no Instituto Xoán Montes de Lugo ata o ano 2020.
Gañador do premio Modesto R. Figueiredo de 1988 con Na terra sombría, conta cunha depurada técnica narrativa e cun discurso propio. Investigador da literatura galega de tradición oral publicou numerosas recolleitas de contos e con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba.
e descubre todas as novidades do libro en galego