A sintaxe da utopía. Chus Pato fai da experiencia literaria unha paixón vital, unha experiencia de linguaxe que racha límites e axuda a elaborar o que a poeta chama "a sintaxe da utopía". Coa finalidade de achegar a lectoras e lectores poemaros de dificil acceso ou esgotados, pero fundamentais
María Xesús Pato Díaz, coñecida como Chus Pato, nada en Ourense o 29 de agosto de 1955, é unha poeta en lingua galega e académica de número da Real Academia Galega.
A súa familia paterna é de Viñoás (Nogueira de Ramuín) e a materna de Trasmiras (comarca da Limia). Estudou no colexio de Santo Domingo, da orde de Vicente de Paúl, o bacharelato no colexio das Carmelitas e o COU no Instituto de Ourense, actual IES Otero Pedrayo. Desde 1973 estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Xeografía e Historia. Fixo traballos de investigación na súa especialidade como O movimento obreiro na provincia de Ourense.
Exerceu como profesora de ensino secundario de Xeografía e Historia desde 1989, en Bande, Muros (1991-1995) e desde entón en Lalín, no IES Ramón María Aller e despois no IES Laxeiro, onde se xubilou en 2020.
Pertence a varias agrupacións de índole literaria, como o PEN Clube ou as Redes Escarlata, e foi membro da AELG. Desde a súa constitución en 2015 foi vogal do padroado da Fundación Euseino? ata 2024. Pertence á directiva dos padroados da Fundación Rosalía de Castro e da Fundación Uxío Novoneyra. Foi elixida académica de número da Real Academia Galega no pleno do 5 de novembro de 2016. Leu o seu discurso de ingreso na RAG o 23 de setembro de 2017 no IES Otero Pedrayo de Ourense, co título de Baixo o límite, con resposta de Francisco Fernández Rei.
En 2015 a súa voz pasou a facer parte das gravacións do Woodberry Poetry Room da Universidade Harvard, onde se recollen as palabras de figuras das letras universais como Elizabeth Bishop e W. H. Auden.
e descubre todas as novidades do libro en galego