1. INICIO
  2. Libros
  3. HORDAS DE ESCRITURA
HORDAS DE ESCRITURA

HORDAS DE ESCRITURA

Chus Pato
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Houbo unha morte e a morte entrou no amor; finalmente produciuse unha mudanza na escritura. Este libro é tamén a terceira entrega dunha pentaloxía que Chus Pato vén construíndo baixo o título xenérico de Método. Pero, cando o poema se compón, só lle é fiel a súa propia cicatriz; esa é a lei e a

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4978-2704-1
EAN
9788497827041
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Chus Pato

Ver autor

María Xesús Pato Díaz, coñecida como Chus Pato, nada en Ourense o 29 de agosto de 1955, é unha poeta en lingua galega e académica de número da Real Academia Galega.

A súa familia paterna é de Viñoás (Nogueira de Ramuín) e a materna de Trasmiras (comarca da Limia). Estudou no colexio de Santo Domingo, da orde de Vicente de Paúl, o bacharelato no colexio das Carmelitas e o COU no Instituto de Ourense, actual IES Otero Pedrayo. Desde 1973 estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Xeografía e Historia. Fixo traballos de investigación na súa especialidade como O movimento obreiro na provincia de Ourense.

Exerceu como profesora de ensino secundario de Xeografía e Historia desde 1989, en Bande, Muros (1991-1995) e desde entón en Lalín, no IES Ramón María Aller e despois no IES Laxeiro, onde se xubilou en 2020. 

Pertence a varias agrupacións de índole literaria, como o PEN Clube ou as Redes Escarlata, e foi membro da AELG. Desde a súa constitución en 2015 foi vogal do padroado da Fundación Euseino? ata 2024. Pertence á directiva dos padroados da Fundación Rosalía de Castro e da Fundación Uxío Novoneyra. Foi elixida académica de número da Real Academia Galega no pleno do 5 de novembro de 2016. Leu o seu discurso de ingreso na RAG o 23 de setembro de 2017 no IES Otero Pedrayo de Ourense, co título de Baixo o límite, con resposta de Francisco Fernández Rei.

En 2015 a súa voz pasou a facer parte das gravacións do Woodberry Poetry Room da Universidade Harvard, onde se recollen as palabras de figuras das letras universais como Elizabeth Bishop e W. H. Auden.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Chus Pato

Á comunidade gustoulles…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego