Dun tempo próximo, chegan estas historias que, porén, falan doutro tempo. Do tempo no que as infancias eran mornas e frías á vez. Do tempo de xoguetes contados e de preguntas abondas. Do tempo en que a inocencia se contaba a anacos, coma moedas recibidas na paga, para durar interminablemente, para
Xerardo Quintiá Pérez, nado en Friol o 28 de marzo de 1970, é un escritor galego.
En 1984 trasladouse a Lugo para realizar estudos de Bacharelato, cidade na que reside dende entón. Publicou os seus primeiros traballos na sección cultural “Táboa Redonda” de El Progreso (1988) e colaborou nas revistas Dorna, Xistral e Entremuros. Forma parte do Colectivo Maiakovski e das Lupercais.
e descubre todas as novidades do libro en galego