Ke-Tumba Ke-Tamba pertence á tribo dos indios Taram-Bainas, que como é ben sabido, son un pobo de feroces guerreiros salvaxemente salvaxes. O problema é que o noso amigo Ke-Tumba Ke-Tamba nin é feroz, nin é salvaxe nin lle presta ser guerreiro.
Xerardo Quintiá Pérez, nado en Friol o 28 de marzo de 1970, é un escritor galego.
En 1984 trasladouse a Lugo para realizar estudos de Bacharelato, cidade na que reside dende entón. Publicou os seus primeiros traballos na sección cultural “Táboa Redonda” de El Progreso (1988) e colaborou nas revistas Dorna, Xistral e Entremuros. Forma parte do Colectivo Maiakovski e das Lupercais.
e descubre todas as novidades do libro en galego