Expósito Vindeira leva quince anos de fareiro na illa Pancha, na bocana da ría de Ribadeo. Un día decide mudar a súa vida, porque está canso de subir e baixar por unha torreta e facer os mesmos cambios de sinais. Nace así o Capitán Thunderskin. A nova vida que pretende levar requirirá dunha
Santiago Jaureguízar Ortiz de Zarate, coñecido como Jaureguizar, nado en Bilbao o 14 de agosto de 1965, é un xornalista e escritor galego.
Nacido en Bilbao, viviu a infancia e mocidade en Ribadeo. Fixo estudos de Dereito na Universidade de Santiago. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo na sección de Cultura e nas seccións Lugo inédito e Cidade xardín. No ano 2005 obtivo o Premio de xornalismo Reimóndez Portela e no 2009 o Premio Museo Provincial 2009.
Foi pioneiro na introdución da literatura galega en Internet, con proxectos como "Familia feliz" en Vieiros ou a web infimos.net. Tamén liderou durante un ano en Elvicristo Machine, grupo de narrativa trip-hop.
Os seus inicios literarios están relacionados co movemento Bravú.
e descubre todas as novidades do libro en galego