Eduardo, antes de ir ó chiringuito que atendía o seu pai, gustaba percorrer na súa Rieju o quilómetro de area da praia de Llas. Asumira a obriga de botarlle unha man cando enviuvara hai seis anos. Os clientes da baiuca están preocupados pola aparición tódalas noites dos golfiños, que veñen atraídos
Santiago Jaureguízar Ortiz de Zarate, coñecido como Jaureguizar, nado en Bilbao o 14 de agosto de 1965, é un xornalista e escritor galego.
Nacido en Bilbao, viviu a infancia e mocidade en Ribadeo. Fixo estudos de Dereito na Universidade de Santiago. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo na sección de Cultura e nas seccións Lugo inédito e Cidade xardín. No ano 2005 obtivo o Premio de xornalismo Reimóndez Portela e no 2009 o Premio Museo Provincial 2009.
Foi pioneiro na introdución da literatura galega en Internet, con proxectos como "Familia feliz" en Vieiros ou a web infimos.net. Tamén liderou durante un ano en Elvicristo Machine, grupo de narrativa trip-hop.
Os seus inicios literarios están relacionados co movemento Bravú.
e descubre todas as novidades do libro en galego