En 1895 estoupa en Cuba a terceira e definitiva das guerras da independencia. Un mozo compostelán sen un céntimo, Maxi Torres -estudiante golfo, poeta impublicado e ilustre idiota segundo a súa propia definición-, alístase voluntario no corpo expedicionario español e cruza o océano co único
Fran Jaraba (Pontevedra, 1957) é un dos grandes ilustradores galegos. Arquitecto, profesor de debuxo de Educación Secundaria, colaborador das revistas "Can sen dono", "Golfiño", en 1979 promoveu xunto con Xan López Domínguez e Miguelanxo Prado a publicación "Xofre", unha das primeiras revistas de cómic que se editaron en Galicia.
En 1980 obtivo o primeiro premio do concurso nacional de cómic para nenos, organizado pola Agrupación Cultural O Facho, coa historieta "A insólita aventura de Manoliño catro ás". Dende entón leva ilustrados máis de cincuenta libros no ámbito da edición infantil e xuvenil.
e descubre todas as novidades do libro en galego