Unha poética vital, enredada nun proceso de reconstrucción pero tamén de reconstrucción e aínda de destrucción; se cadra a experiencia que a cercanía da morte nalgún momento poida supoñer, cando a vida pide ser reinventada, como a poesía, como o amor, a brazo aberto
Eva Veiga Torre nada en Ombre (Pontedeume) o 22 de outubro de 1961, é unha escritora e xornalista galega.
Tras realizar estudos de Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en El Ideal Gallego e na TVG, onde desenvolveu unha polifacética e intensa actividade profesional, sobre todo na dirección e presentación de programas culturais. Neste eido foi dúas veces Premio TP e Premio Galicia de Comunicación. Asemade, presentou e dirixiu para televisión a serie documental sobre a historia da arte galega Galicia no tempo, programa que foi galardoado co Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia e co Premio de Honra da UNESCO.
Como actriz, foi a protagonista da longametraxe A cicatriz branca, de Margarita Ledo. Unha grave enfemidade apartouna do seu traballo en Televisión pasando a dedicarse á escrita de artigos en revistas e xornais. Xunto aos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez, formou parte do grupo poético-musical Ouriol.
e descubre todas as novidades do libro en galego