Ith é o fillo do mítico caudillo celta Breogán, o guerreiro de forte aturuxo, sabio e valoroso, o rei de fácil palabra fundador da Brigantia e da torre do seu nome, erguida ao seu carón. Desde un faro da costa, Ith divisa ao lonxe unhas terras que hai máis alá do mar e soña con chegar a elas algún
Silvestre Gómez Xurxo (Beba, Mazaricos 1951) é mestre xubilado, licenciado en Xeografía e Historia e Psicopedagoxía.
Autor de numerosos materiais educativos destinados ao ensino da lingua galega, do coñecemento do medio e de matemáticas na Educación Primaria publicados por Edicións Xerais de Galicia. Co-autor, xunto con Ana María Llanes do método de aprendizaxe da lectura en lingua galega "De Vagar" (Xerais 1999, 2003).
O seu primeiro libro foi Conversas do Pai Seixas (1985). Ten publicadas as seguintes obras de literatura infantil e xuvenil: Déixao medrar (Xerais 2000), novela; Ith (Xerais 2001), novela Todo vai ir ben (Xerais 2005), Ti non xogas! (Xerais 2011) e De cristal (Xerais 2015).
e descubre todas as novidades do libro en galego