Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Este libro reúne cinco relatos sobre a fraxilidade humana, sobre a vulnerabilidade que padecemos todas as persoas. Suso, o protagonista do primeiro, ½O ratiño negro╗, vive acurralado polo medo e non pode deixarse vencer polo mal. Lorena, a do segundo, ½O ratiño branco╗, comprende que non nacemos co
Este libro reúne cinco relatos sobre a fraxilidade humana, sobre a vulnerabilidade que padecemos todas as persoas. Suso, o protagonista do primeiro, ½O ratiño negro╗, vive acurralado polo medo e non pode deixarse vencer polo mal. Lorena, a do segundo, ½O ratiño branco╗, comprende que non nacemos co destino marcado e que a vida ten moito de heroicidade. Amando, o do terceiro, ½O gato negro╗, daría algo por ser como Xoán Salvador Gaivota, alguén que se esforza en superarse e acadar a liberdade. Estela, a de ½Pavo real╗, aprenderá que a felicidade non depende da cantidade de cousas que un teña. Rafael, o do derradeiro conto, ½Gulag de galgos╗, descubrirá a certeza da frase de Gandhi: ½A grandeza e o progreso moral dun pobo poden ser xulgados pola maneira de tratar os seus animais.╗ Cinco relatos nos que as formas da maldade poñen a proba os medios pacíficos para resistir e superar a violencia e a intolerancia, mais que non chegan a apagar o facho que nos proporciona azos para erguernos cada día na procura da felicidade.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Silvestre Gómez Xurxo (Beba, Mazaricos 1951) é mestre xubilado, licenciado en Xeografía e Historia e Psicopedagoxía. Autor de numerosos materiais educativos destinados ao ensino da lingua galega, do coñecemento do medio e de matemáticas na Educación Primaria publicados por Edicións Xerais de Galicia. Co-autor, xunto con Ana María Llanes do método de aprendizaxe da lectura en lingua galega "De Vagar" (Xerais 1999, 2003). O seu primeiro libro foi Conversas do Pai Seixas (1985). Ten publicadas as seguintes obras de literatura infantil e xuvenil: Déixao medrar (Xerais 2000), novela; Ith (Xerais 2001), novela Todo vai ir ben (Xerais 2005), Ti non xogas! (Xerais 2011) e De cristal (Xerais 2015).