Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Xelís de Toro consolida nesta que foi a súa segunda novela, publicado despois de "Seis cordas e un corazón" (Xerais Negra, 1989), un estilo narrativo propio, tenso e contundente, que lle acae perfectamente a unhas historias e personaxes de vocación nidiamente urbana. A estructura de "Non hai
Xelís de Toro consolida nesta que foi a súa segunda novela, publicado despois de "Seis cordas e un corazón" (Xerais Negra, 1989), un estilo narrativo propio, tenso e contundente, que lle acae perfectamente a unhas historias e personaxes de vocación nidiamente urbana. A estructura de "Non hai misericordia" xira arredor dalgúns relatos que son o pretexto para que varios contertulios dialoguen nun programa radiofónico sobre o tema da violencia. Esta idea sérvelle ao autor para facer unha recreación paródica do xeito de expresarse que ten cada un dos participantes: un sociólogo, un teólogo, un psicólogo e un asistente social. Unha aposta arriscada e orixinal que procura e merece a complicidade do lector, conquistada cun uso da linguaxe coloquial moi ben dosificado, e que lle abre as portas da literatura ás realidades menos gratas da nosa sociedade. O protagonista absoluto de "Non hai misericordia" é a violencia nas súas diversas manifestacións. Polas súas características estructurais, pola súa fasquía temática, a narración crúa, tensa e directa, pola linguaxe asequible, esta obra, recuperada agora dentro de Xerais Peto, está chamada a ser revisitada e recoñecida por un amplo abano de lectores.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Xelís de Toro (1962, Santiago de Compostela). Publicou os seguintes libros de narrativa: «Seis cordas e un corazón», 1989 (co pseudónimo de Roque Morteiro, Xerais 1990), novela, Premio Compostela Cultural; «Non hai misericordia» (1990, Xerais 2003), relatos, Premio Narrativa Cidade de Lugo; «Terminal» (1994); «Os saltimbanquis no paraíso» (1999), novela, Premio San Clemente 2000; «The Corunna boats» (Xerais 2004), novela; «Riofero» (Xerais 2009), novela; Etceteramente (Xerais 2022), novela; «O gato fantasma» (Xerais 2013), novela infantil; «A porta dourada» (Xerais 2018), novela infantil, e «Paco Peco pequeneiro e o lagarteiro miope» (Xerais 2021), conto infantil. Mantén na rede o espazo http://laboratoro.net/