Cando Andrés Miranda queda encerrado no colexio, apenas é capaz de imaxinar todas as aventuras que lle tocará vivir. As dificultades de encontrar unha saída, pois todas as portas están cerradas, sumaráselles a aparición duns malfeitores que entraron a roubar na escola e dunha pantasma que quere
Manuel Lourenzo González, nado en Paredes (Vilaboa) o 3 de marzo de 1955, é un profesor e escritor galego.
Licenciado en Pedagoxía na USC, foi profesor de EXB e despois de secundaria de Lingua e Literatura Galegas, catedrático desde o 2009, no IES Torrente Ballester de Pontevedra ata a súa xubilación. Autor polifacético, ten publicados libros de relatos, novelas, teatro, ademais de obras de literatura infantil e libros de texto.
É coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO (Xerais 1995-1998) e autor de artigos e textos de moi diverso carácter, entre eles a revista Retranca.
Participou en numerosas empresas de carácter cultural, dirixiu a A.C. Maio Longo, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coordinou a Semana da Educación ou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
e descubre todas as novidades do libro en galego