Recolle dezanove relatos, a maior parte deles breves, que foron merecedores do Premio Café Dublín de Narrativa Curta, na súa edición do ano 1995. Dezanove relatos que son outras tantas " miraxes " , outras tantas perspectivas do mundo que somos: meniños que descobren a crueldade e a
Manuel Lourenzo González, nado en Paredes (Vilaboa) o 3 de marzo de 1955, é un profesor e escritor galego.
Licenciado en Pedagoxía na USC, foi profesor de EXB e despois de secundaria de Lingua e Literatura Galegas, catedrático desde o 2009, no IES Torrente Ballester de Pontevedra ata a súa xubilación. Autor polifacético, ten publicados libros de relatos, novelas, teatro, ademais de obras de literatura infantil e libros de texto.
É coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO (Xerais 1995-1998) e autor de artigos e textos de moi diverso carácter, entre eles a revista Retranca.
Participou en numerosas empresas de carácter cultural, dirixiu a A.C. Maio Longo, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coordinou a Semana da Educación ou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
e descubre todas as novidades do libro en galego