O día do nacemento do príncipe Estanislao sería lembrado para sempre con letras destacadas nos anais do antigo e poderoso reino de Sofrovia debido á potencia dos berros que emitiu en canto viu a primeira luz. Era só o anticipo da xuventude intensa, apaixonada e rebelde do que anos despois acabaría
Manuel Lourenzo González, nado en Paredes (Vilaboa) o 3 de marzo de 1955, é un profesor e escritor galego.
Licenciado en Pedagoxía na USC, foi profesor de EXB e despois de secundaria de Lingua e Literatura Galegas, catedrático desde o 2009, no IES Torrente Ballester de Pontevedra ata a súa xubilación. Autor polifacético, ten publicados libros de relatos, novelas, teatro, ademais de obras de literatura infantil e libros de texto.
É coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO (Xerais 1995-1998) e autor de artigos e textos de moi diverso carácter, entre eles a revista Retranca.
Participou en numerosas empresas de carácter cultural, dirixiu a A.C. Maio Longo, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coordinou a Semana da Educación ou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
e descubre todas as novidades do libro en galego