1. INICIO
  2. Libros
  3. A DÚBIDA
A DÚBIDA

A DÚBIDA

María Reimóndez
0 veces listado

Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de "A dúbida" desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1043-6
EAN
9788491210436
Formato
RUSTICA
Avatar

María Reimóndez

Ver autor

María Reimóndez Meilán, nada en Lugo en 1975, é unha escritora galega, doutora en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo. Cultiva tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio e o teatro.

 Conta cunha ampla lista de títulos, dende a poesía ao ensaio, pasando pola narrativa. Como poeta destaca "Galicia en bus" (2018), co que gañou o Premio de Poesía Johán Carballeira, e en ensaio, a obra "Feminismos" (2013) e, en coautoría con Olga Castro, "A casa do amo" (Xerais, 2024). 

Como narradora para o público mozo destacan "Usha" (2006); "Corredora" (2017); "Fóra do normal" (2018), Premio Agustín Fernández Paz; "A formiga destemida" (2020), "Bárbaras!" (2021) e "Furia", Premio Jules Verne 2023. 

Para persoas adultas, "O club da calceta" (2006), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2007, traducida ao castelán, italiano e francés e adaptada á escena e ao cine ou as novelas do Ciclo dos Elementos: "En vías de extinción" (2012); "Dende o conflito" (2014), Premio Xerais de Novela; "A música dos seres vivos" (2015); "As cousas que non queremos oír" (2017) e "As estacións do lobo" (2019). Na colección Milmanda publicou "Cobiza" (2021), I Premio Literario Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero e "Multitudes" (2023). Fotografía da autora: Pablo Vázquez.

Valoracións das lectoras e lectores
4.0
2 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de María Reimóndez

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego