┴nxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras.
Iria Misa Peralba, nada en Gondomar o 23 de febreiro de 1983, é unha escritora e profesora de ensino secundario galega.
É licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo, onde tamén realizou estudos de posgrao. En 2016, a súa obra Xa non estou aquí foi galardoada co Premio Jules Verne de literatura xuvenil, que concede Edicións Xerais.
En 2020 gañou o Premio Agustín Fernández Paz con A cidade do Átomo. A cidade do átomo foi XIX Premio Frei Martín Sarmiento no 2023 na 4° categoría (1° e 2° ESO).
e descubre todas as novidades do libro en galego