Tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súa evacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, ante a ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento. Todos agás Lena Petrov, diferente e
Iria Misa Peralba, nada en Gondomar o 23 de febreiro de 1983, é unha escritora e profesora de ensino secundario galega.
É licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo, onde tamén realizou estudos de posgrao. En 2016, a súa obra Xa non estou aquí foi galardoada co Premio Jules Verne de literatura xuvenil, que concede Edicións Xerais.
En 2020 gañou o Premio Agustín Fernández Paz con A cidade do Átomo. A cidade do átomo foi XIX Premio Frei Martín Sarmiento no 2023 na 4° categoría (1° e 2° ESO).
e descubre todas as novidades do libro en galego