½Todo canto eu fixen se acha ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar, pero nunca superar.╗ A frase de Ramón Villar Ponte, igualmente aplicábel a seu irmán Antón, resume perfectamente o norte que guiou a intensa, continua e poliédrica actividade cívica, política, cultural, xornalística
Emilio Xosé Ínsua López, nado en Viveiro en 1967, é un escritor e profesor galego.
Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e Profesor de Lingua e Literatura no IES A Basella, de Vilanova de Arousa.
Fai parte do consello de redacción da revista Cerna, editada por ADEGA. Colaborou con relativa frecuencia cos semanarios Heraldo de Vivero, La Voz de Ortigueira e A Nosa Terra. Foi socio fundador Mesa pola Normalización Lingüística, membro do consello da editorial Letras de Cal e participou como relator en diversos simposios, congresos e xornadas relacionadas coa lingua e a literatura galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego