Todas as noites, na cidade de Soñovai, Uxío o Mago encárgase de que os nenos e nenas teñan soños marabillosos. O que non sabe aínda é que preto de alí vive o ladrón de soños, que desexa levar canda el todas esas fantasías. Cal pode ser o motivo de que queira roubar as ilusións?
Sabela Fernández Trelles é mestra especializada en Audición e Linguaxe e licenciada en Psicopedagoxía. É autora de diversos artigos e materiais de ámbito pedagóxico, como o proxecto de estimulación da linguaxe oral «O Dragón Pepón» (2010).
Como autora de literatura infantil publicou «As aventuras de Mariña e Lucas» (2012), así como os álbums ilustrados «Augusta e os seus medos» (Xerais, 2015) e «O ladrón de soños» (Xerais, 2018), ambos ilustrados por Alicia Suárez, e «Que queres ser de maior, pequena?» (Xerais, 2021), ilustrado por María Brenn. En 2024 publica na colección Merlín o libro «A miña avoa, a miña heroína» (Xerais, 2024).
e descubre todas as novidades do libro en galego