Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas... Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para
Sabela Fernández Trelles é mestra especializada en Audición e Linguaxe e licenciada en Psicopedagoxía. É autora de diversos artigos e materiais de ámbito pedagóxico, como o proxecto de estimulación da linguaxe oral «O Dragón Pepón» (2010).
Como autora de literatura infantil publicou «As aventuras de Mariña e Lucas» (2012), así como os álbums ilustrados «Augusta e os seus medos» (Xerais, 2015) e «O ladrón de soños» (Xerais, 2018), ambos ilustrados por Alicia Suárez, e «Que queres ser de maior, pequena?» (Xerais, 2021), ilustrado por María Brenn. En 2024 publica na colección Merlín o libro «A miña avoa, a miña heroína» (Xerais, 2024).
e descubre todas as novidades do libro en galego