"Marxes" traza un mapa afectivo con itinerarios por Vigo no que se rememoran, con textos, fotografías e ilustracións, as batallas do Vigo rebelde e solidario. Son 40 historias reais que retratan con emoción episodios relevantes para as clases populares viguesas. Narrada por Xurxo Martínez González
Xurxo Martínez González, nado en Coia (Vigo) en 1984, é un escritor e investigador galego.
Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e premio extraordinario de tese de doutoramento. Formou parte do ILG, do Proxecto Sarmiento do Consello da Cultura Galega e de Informes de Literatura, do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Participa en varios grupos de investigación sobre temas relacionados co século XIX galego. Dende o ano 2017 é o responsable técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.
Formou parte da directiva da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG). Impulsou e foi o primeiro secretario da Federación de Asociacións da Ribeira Sacra.
En decembro de 2024 ingresou no Padroado da Fundación Penzol.
e descubre todas as novidades do libro en galego