1. INICIO
  2. > Libros
  3. > COBIZA
COBIZA

COBIZA

María Reimóndez
1 veces listado

Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais. O xurado destacou «a súa altísima calidade literaria e unha nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1778-7
EAN
9788491217787
Formato
RUSTICA
Avatar

María Reimóndez

Ver autor

María Reimóndez Meilán, nada en Lugo en 1975, é unha escritora galega, doutora en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo. Cultiva tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio e o teatro.

 Conta cunha ampla lista de títulos, dende a poesía ao ensaio, pasando pola narrativa. Como poeta destaca "Galicia en bus" (2018), co que gañou o Premio de Poesía Johán Carballeira, e en ensaio, a obra "Feminismos" (2013) e, en coautoría con Olga Castro, "A casa do amo" (Xerais, 2024). 

Como narradora para o público mozo destacan "Usha" (2006); "Corredora" (2017); "Fóra do normal" (2018), Premio Agustín Fernández Paz; "A formiga destemida" (2020), "Bárbaras!" (2021) e "Furia", Premio Jules Verne 2023. 

Para persoas adultas, "O club da calceta" (2006), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2007, traducida ao castelán, italiano e francés e adaptada á escena e ao cine ou as novelas do Ciclo dos Elementos: "En vías de extinción" (2012); "Dende o conflito" (2014), Premio Xerais de Novela; "A música dos seres vivos" (2015); "As cousas que non queremos oír" (2017) e "As estacións do lobo" (2019). Na colección Milmanda publicou "Cobiza" (2021), I Premio Literario Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero e "Multitudes" (2023). 

Valoracións das lectoras e lectores
4.3
4 valoracións

5 estrelas

50%

4 estrelas

25%

3 estrelas

25%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
pialfa
5

esta puta fantasía de libro????? quizais é máis un 4.5, pero non me importa moito o rating específico. si que teño que avisar que o contido do libro é bastante forte en relación a abusos físicos e sexuais. non é que sexa extremadamente explícito, pero é algo constante. agora, non sei como puiden tardar tanto en ler esta marabilla. trátanse un montón de temas dunha forma clara e precisa. definitivamente son tratados dunha forma máis profunda da que imaxinaba coa pouca extensión que ten. as personaxes son un amor, quéroas moitísimo. o mundo que plantexa é extremadamente cruel, mais tristemente non se sinte irreal. todo o tema da xente planta cautivoume e apreciei que se falase máis diso (pola sinopse imaxinaba que ía máis sobre a vida de Luz na capital). o inicio é algo confuso, mais unha vez que entendes como funcionan os saltos temporais lese súper rápido. non sei que máis dicir, honestamente. é que se sigo escribo unha biblia e tampouco quero escribir tanto se van ser cousas inconexas. ler este libro co clube de lectura no que estou foi unha experiencia inolvidable. voume pór co segundo en nada!

Outros libros de María Reimóndez

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego