Non sorprende o Isaac Díaz Pardo pintor, ceramista, deseñador, editor... pero, o poeta? Coa súa personalidade de creador infatigable e animador titánico, Isaac foi tamén un prolífico escritor, aínda que esta faceta non resulte nin ben coñecida nin debidamente ponderada. Ora ben, Isaac desenvolveu,
Isaac Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 22 de agosto de 1920 - A Coruña, 5 de xaneiro de 2012) foi un intelectual, pintor, ceramista, deseñador, editor e empresario español galego.
En 2009, recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes de España.
Fillo do pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño , a súa casa acolleu diversos encontros relacionados coas Irmandades da Fala, das que Díaz Baliño foi membro activo e nos que participaron personalidades como Castelao, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Antón Villar Ponte, Eduardo Blanco Amor ou Asorey.
O seu pai foi fusilado polos rebeldes pouco despois do comezo da Guerra Civil española , o que significou que Isaac tivo que agocharse primeiro na casa do seu tío Indalecio, na Coruña, e despois traballar como pintor de letreiros na mesma cidade.
e descubre todas as novidades do libro en galego