Isto é moi vello e de sempre é unha fantasía... mais, o que acontece é que este amigo, malia ser invisíbel, move cousas, cambia outras de sitio e, incluso, imparte xustiza. Un libro marabillosamente invisíble. Ou non.
Francisco Xavier Frías Conde, nado en Béjar (Salamanca) en 1965, é un escritor en galego e castelán, e investigador de filoloxía románica e árabe.
Viviu en Madrid dende 1974 até 2008. En 2011 residía na Mancha. A súa familia é da Terra Eo-Navia e el é un estudoso da situación do galego exterior, especialmente do galego falado no occidente de Asturias.
Doutor en Filoloxía Románica, licenciado en Filoloxía Inglesa e diplomado en Ciencias da Educación. Traballou no ensino primario e secundario desde 1988 até o 2000. Dirixiu o suplemento cultural da desaparecida Mesa pola Defensa do Galego de Asturias, O Espello. Compaxina a súa actividade docente na UNED, onde dá aulas de galego e portugués, coa tradución. Cofundou a editora Lastura en 2012. É profesor de filoloxía galego-portuguesa na UNED.
Ocúpase da bitácora de contos en galego e portugués O reino dos contos.
e descubre todas as novidades do libro en galego