1. INICIO
  2. Libros
  3. A VACA MARUXA ESQUIA EN VALBABUXA
A VACA MARUXA ESQUIA EN VALBABUXA

A VACA MARUXA ESQUIA EN VALBABUXA

XAVIER FRIAS CONDE
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

O señor Castañeira ten unha granxa bárbara. Mais un día, atopa unha vaca moi seria e con lentes de sol. ¿Estará doente?

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
RODEIRA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4963-5259-9
EAN
9788496352599
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

XAVIER FRIAS CONDE

Ver autor

Francisco Xavier Frías Conde, nado en Béjar (Salamanca) en 1965, é un escritor en galego e castelán, e investigador de filoloxía románica e árabe.

Viviu en Madrid dende 1974 até 2008. En 2011 residía na Mancha. A súa familia é da Terra Eo-Navia e el é un estudoso da situación do galego exterior, especialmente do galego falado no occidente de Asturias.

Doutor en Filoloxía Románica, licenciado en Filoloxía Inglesa e diplomado en Ciencias da Educación. Traballou no ensino primario e secundario desde 1988 até o 2000. Dirixiu o suplemento cultural da desaparecida Mesa pola Defensa do Galego de Asturias, O Espello. Compaxina a súa actividade docente na UNED, onde dá aulas de galego e portugués, coa tradución. Cofundou a editora Lastura en 2012. É profesor de filoloxía galego-portuguesa na UNED.

Ocúpase da bitácora de contos en galego e portugués O reino dos contos.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de XAVIER FRIAS CONDE

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego