Este libro non conta unha historia, senón moitas historias. Hainas fantásticas e outras non tanto. Poderedes atopar de fantasmas, de homes que se converten en bólas inzadas, de androides, de hecatombes nucleares aparentes, de seres máxicos aínda que tímidos? cada historia é diferente, mais todas
Francisco Xavier Frías Conde, nado en Béjar (Salamanca) en 1965, é un escritor en galego e castelán, e investigador de filoloxía románica e árabe.
Viviu en Madrid dende 1974 até 2008. En 2011 residía na Mancha. A súa familia é da Terra Eo-Navia e el é un estudoso da situación do galego exterior, especialmente do galego falado no occidente de Asturias.
Doutor en Filoloxía Románica, licenciado en Filoloxía Inglesa e diplomado en Ciencias da Educación. Traballou no ensino primario e secundario desde 1988 até o 2000. Dirixiu o suplemento cultural da desaparecida Mesa pola Defensa do Galego de Asturias, O Espello. Compaxina a súa actividade docente na UNED, onde dá aulas de galego e portugués, coa tradución. Cofundou a editora Lastura en 2012. É profesor de filoloxía galego-portuguesa na UNED.
Ocúpase da bitácora de contos en galego e portugués O reino dos contos.
e descubre todas as novidades do libro en galego