O autor publica esta obra en 1961, unha recompilación de ensaios e colaboracións en prensa, fundamentais para coñecer a evolución dos homes da súa xeración, como o titulado ╖Nós, os inadaptados, e relatos como "A Coutada" e "Dedalus en Compostela", ademais dunha breve escolma de artigos publicados
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.
Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Procedente dunha familia acomodada e de alto nivel cultural, asentou as bases do nacionalismo galego e renovou a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.
e descubre todas as novidades do libro en galego