Berta Mir, preocupada por conseguir a súa parte dos cartos para financiar a produción do primeiro disco do grupo, e por coidar do seu pai prostrado na cama como un vexetal, volve con dous novos casos, aparentemente sinxelos: buscar os pais biolóxicos dunha rapaza de 12 anos e seguir un rapaz de 11
JORDI SIERRA I FABRA naceu en Barcelona, en 1947. Empezou a escribir aos oito anos e aos doce decidiu que a súa vocación era ser novelista. Con todo, seducido pola música rock, iniciou a súa andaina profesional como director dalgunhas das revistas musicais máis influentes en España (Disco Express, Popular 1 etc.)/ etc.).
Publicou máis de sesenta libros de historia e biografías de artistas do rock, e simultaneamente cultivou todos os xéneros literarios: relatos infantís, novela xuvenil e de adultos, ciencia ficción, humor, poesía, guións de películas… As súas obras non só obtiveron os máis prestixiosos galardóns, como o Premio Néstor Luján de novela histórica, o Villa de Bilbao, o Ateneo de Sevilla, o Premio EDEBÉ, Columna, Premio Nacional…, senón que tamén foron levadas á pantalla.
É un viaxeiro incansable e traballa sen descanso. Actualmente dirixe a Fundació Jordi Sierra i Fabra (en Barcelona) e Taller de Letras (en Medellín), para potenciar a vocación literaria entre os novos escritores.
e descubre todas as novidades do libro en galego