Sara Porto devece por desempacar a súa maleta e comezar a sua vida universitaria. Independencia, novos amigos, festasà Que pode saír mal? Porén, axiña descubrirá que a universidade alberga tamén segredos e misterios, algúns deles soterrados no pasado. Nos corredores da facultades de Psicoloxía,
Miguel Ángel Alonso Diz, nado en Madrid o 14 de xaneiro de 1976, é un escritor galego.
Deuse a coñecer no eido da literatura infantil e xuvenil xunto á ilustradora Luz Beloso no ano 2012 coa obra O cullarapo Croque. Este libro supuxo o primeiro libro galego auto editado a través do sistema de Crowdfunding, abrindo un novo camiño no mundo da autoedición. O soño de Esther foi finalista dos premios Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil do ano 2014 e Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado do ano 2014. Co volume O valente coello que quixo soñar foi finalista do premio Frei Martín Sarmiento.
O seu segundo libro, A nena á que non deixaban ser feliz, foi seleccionado entre 10 000 títulos polo Servizo de Educación Pública de México para a súa incorporación ás bibliotecas de aula dos centros de ensino público. En 2018 publica a novela infantil e xuvenil Música no faiado e con Luz Beloso o álbum infaltil ilustrado Piratas no recreo. Tamén con Luz Beloso autoeditaron en 2020 Unha folla vermella.
En 2022 editor de poesía de Antela Editorial.
e descubre todas as novidades do libro en galego