Unha princesiña xogaba na praia co seu papaventos e cando viu un porco tomando o sol nunha toalla se lle escapou. Axiña o porco recuperouno e a nena, moi agradecida, bicouno nos fuciños; entón apareceu un fermoso príncipe ó que unha bruxa enfeitizara. A vida danos sorpresas e non todo é o que
Irene Pérez Pintos (Vigo, 1954), licenciada en Filoloxía Románica pola USC, traballa dende hai anos como profesora de Lingua galega no ensino (público) secundario. É autora de varios contos infantís: Ire (2000), Manu (2001), O porco centelludo (Xerais, 2003) e «Cousas que facer en días de chuvia», publicado no volume colectivo Quéroche contar un conto (Xerais, 2010); do manual de regulares maneiras Etiqueta para todos (Xerais, 2009) e da unidade didáctica Xosé Mª Álvarez Blázquez (Xerais, 2008). Tamén é nai orgullosa de dous fillos e dunha filla, e irmá de Rodrigo Pérez Pintos.
e descubre todas as novidades do libro en galego