Que facer se o príncipe co que estás falando ten a cremalleira do pantalón desabrochada? E se a ministra que se achega a saudarte ten un moco asomándolle no nariz? Son moitas as ocasións nas que te asaltan dúbidas semellantes sen que saibas resolvelas de xeito satisfactorio. Pois non esperes a…
Irene Pérez Pintos (Vigo, 1954), licenciada en Filoloxía Románica pola USC, traballa dende hai anos como profesora de Lingua galega no ensino (público) secundario. É autora de varios contos infantís: Ire (2000), Manu (2001), O porco centelludo (Xerais, 2003) e «Cousas que facer en días de chuvia», publicado no volume colectivo Quéroche contar un conto (Xerais, 2010); do manual de regulares maneiras Etiqueta para todos (Xerais, 2009) e da unidade didáctica Xosé Mª Álvarez Blázquez (Xerais, 2008). Tamén é nai orgullosa de dous fillos e dunha filla, e irmá de Rodrigo Pérez Pintos.
e descubre todas as novidades do libro en galego