An Alfaya presenta neste libro singular, ilustrado por Chus Ferrín, a historia dunha cuncha de nácara afundida no areal da illa do Esquecemento, un anaco de terra virxe perdido na inmensidade do océano Ausente. A metade do seu corpo vivía entre os pequenos grans de rocha esparexidos pola praia, e
María de los Ángeles Alfaya Bernárdez, coñecida como An Alfaya, nada en Vigo o 2 de marzo de 1964, é unha escritora galega.
Realizou estudos de Maxisterio na Escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Ligada ao teatro, participou na fundación do Teatro Avento de Vigo.
Traballou un tempo como actriz de dobraxe en galego na serie Os Picapedra, onde poñía voz ao personaxe de Betty.
e descubre todas as novidades do libro en galego