Crime en Compostela, galardonada co 1 Premio Xerais de novela en 1984, é un indiscutido bestseller da narrativa galega dos últimos vinte anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia.…
Carlos González Reigosa, nado en Lagoa (A Pastoriza) o 2 de setembro de 1948, é un escritor e xornalista galego.
É licenciado en Ciencias da información e Ciencias políticas. Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia. Redactor da axencia EFE desde 1974, foi o seu director de información (1990-1997) e director de publicacións (1997-2004).
É autor de multitude de artigos de crítica literaria e teatral e de política internacional, publicados en xornais e revistas tanto españois como americanos.
Publicou as novelas Oxford, amén (1982), Crime en Compostela (1984) (gañadora do primeiro Premio Xerais e a iniciadora da novela negra na literatura galega, ademais dun dos libros máis vendidos en lingua galega), O misterio do barco perdido (1988), A guerra do tabaco (1996), Narcos (2001) e Intramundi (2002).
Publicou así mesmo libros de relatos curtos (Homes de Tras da Corda, As pucharcas da lembranza, Irmán Rei Artur e Os outros disparos de Billy) e de investigación e ensaio xornalístico, destacando entre eles La agonía del león (Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testimonial en 1996).
Dirixiu varios cursos de verán sobre xornalismo e literatura nas universidades Complutense, Menéndez Pelayo (UIMP), Rey Juan Carlos e Santiago de Compostela, ademais de en diversas institucións americanas (En Miami e Os Ánxeles). Algúns destes cursos foron recollidos en libros: La información internacional en el mundo hispanohablante (1995), Información y Sociedad (1996) ou Hemingway desde España (2001).
É profesor no mestrado de Relacións Internacionais da Universidade Complutense de Madrid e no mestrado de Xornalismo de Axencias da Universidade Rey Juan Carlos e a Axencia EFE.
Meu Deus, Carlos, se querías escribir unha guía turística de Santiago escríbea, pero non a disfraces de novela. Lin este libro por ser basicamente o iniciador do furor da novela negra en galego e penso que ten moito valor histórico precisamente por iso, pero mi madriña. De verdade que non entendo de onde saíu tanto alboroto por este libro. Supoño que se es de Compostela é curioso lelo e que no seu momento foi unha cousa moi novidosa, pero por Dios. A trama criminal queda completamente escurecida pola santa manía que ten o autor de pasar páxinas enteiras describindo zonas de Santiago de Compostela; que se o Pórtico da Gloria, que se a rúa esta, que se a praza aquela... Xa abonda! E non me parecería tan mal se o crime non se resolvese fóra de escena e quedase toda a resolución relegada a un artigo periodístico no último capítulo. Meu, se quero ler unha crónica criminal fágoo, pero se estou lendo unha novela espero que todo iso que ti contas nese artigo se desenvolva durante a historia!! Temos tempo para mencionar as personaxes célebres de Compostela e onde Cristo perdeu a chancla e non para desenvolver a trama criminal? Anda rañala! Por non falar da figura da muller durante toda a novela. Terrorífico.
e descubre todas as novidades do libro en galego