Carlos Mosqueiro, que acaba de sacar o título de Ciencias Políticas, sen avisar a pais nin noiva, abandona Madrid en tren e cruza cidades, países e mares en busca de algo que descoñece. Tras unhas xornadas nunha comuna londiniense, será en Oxford onde se enfrontará coa súa soidade. Oxford, amén foi
Carlos González Reigosa, nado en Lagoa (A Pastoriza) o 2 de setembro de 1948, é un escritor e xornalista galego.
É licenciado en Ciencias da información e Ciencias políticas. Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia. Redactor da axencia EFE desde 1974, foi o seu director de información (1990-1997) e director de publicacións (1997-2004).
É autor de multitude de artigos de crítica literaria e teatral e de política internacional, publicados en xornais e revistas tanto españois como americanos.
Publicou as novelas Oxford, amén (1982), Crime en Compostela (1984) (gañadora do primeiro Premio Xerais e a iniciadora da novela negra na literatura galega, ademais dun dos libros máis vendidos en lingua galega), O misterio do barco perdido (1988), A guerra do tabaco (1996), Narcos (2001) e Intramundi (2002).
Publicou así mesmo libros de relatos curtos (Homes de Tras da Corda, As pucharcas da lembranza, Irmán Rei Artur e Os outros disparos de Billy) e de investigación e ensaio xornalístico, destacando entre eles La agonía del león (Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testimonial en 1996).
Dirixiu varios cursos de verán sobre xornalismo e literatura nas universidades Complutense, Menéndez Pelayo (UIMP), Rey Juan Carlos e Santiago de Compostela, ademais de en diversas institucións americanas (En Miami e Os Ánxeles). Algúns destes cursos foron recollidos en libros: La información internacional en el mundo hispanohablante (1995), Información y Sociedad (1996) ou Hemingway desde España (2001).
É profesor no mestrado de Relacións Internacionais da Universidade Complutense de Madrid e no mestrado de Xornalismo de Axencias da Universidade Rey Juan Carlos e a Axencia EFE.
e descubre todas as novidades do libro en galego