Este novo poemario de Anxo Angueira é un canto centrado en Vigo, na persoal fisionomía da cidade, na súa capitalidade cultural, literaria e política a respecto de Galicia. Enxurrada onomástica que escolle a propia palabra Vigo como centro dun remuíño, e que especialmente se refire a nomes de persoas
Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) o 13 de xaneiro de 1961, é un filólogo, escritor e estudoso da literatura galega. É o actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, con sede na Casa Museo de Rosalía, desde o 1 de xuño de 2012.
No ámbito da creación literaria publicou obras poéticas e narrativas: «Val de Ramirás» (1989), «O valo de Manselle» (Xerais, 1996), «Bágoas de facer illas» (Xerais, 1997), «Libro da Vertixe» (1997), «Pensa nao» (Premio Xerais de Novela 1999), «Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro» (2002), «A morte de A.» (Xerais, 2003), «Fóra do sagrado» (Xerais, 2007) e «Iria» (Xerais, 2012).
Como ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións na época do Rexurdimento: publicou «Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento» (2013), realizou as edicións críticas de «Cantares gallegos», «Follas novas» e «En las orillas de Sar» e publicou diferentes traballos sobre Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales. Desde 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro. Fotografía do autor: Anxo Cabada.
e descubre todas as novidades do libro en galego