Dende o realismo de linguaxe diáfana ata os barroquismos e flexións semánticas característicos da súa produción novelística. A procura constante de novas formas lingüísticas, a querenza polos perdedores e polos personaxes que viven ao límite, a metaliteratura como materia ficional.... Velaquí,
Xosé Carlos Caneiro Pérez, nado en Verín o 17 de xuño de 1963, é un escritor galego.
Licenciado en Xeografía e Historia. Diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica (especialista en lingua galega, lingua francesa, lingua castelá e ciencias sociais). Asesor do Centro de Formación do Profesorado de Ourense con sede en Verín. Profesor do curso "Didáctica da ficción e Creación Literaria" na Universidade de Vigo. Colaborador habitual de numerosas publicacións dende 1981 (La Voz de Galicia, Tempos Novos, El País, Diario 16, Península, Faro de Vigo, El Mundo, La Región).
Dirixiu e presentou os programas da TVG Oficio de Palabras e As Luces. É colaborador diario da Crónica da Radio Galega. É vicepresidente do Padroado de Afundación, Obra Social de Abanca.
e descubre todas as novidades do libro en galego